
Participe
O Thunderbird é un proxecto de código aberto, o que significa que calquera pode achegar ideas, deseños, código e tempo axudando a outros usuarios.
Únase a nósÉ todo seu. E agora é máis fácil actualizarse ao Thunderbird.
A Axenda de enderezos nun só clic é un modo rápido e doado de engadir persoas á súa axenda. Engada xente simplemente premendo na icona de estrela que ten na mensaxe que recibe. Dous clics e pode engadir máis detalles como unha foto, o aniversario ou outra información de contacto.
O recordatorio de anexos busca na mensaxe palabras como anexo (e outras similares como os tipos de ficheiros) e recórdalle que debe anexar un documento antes de enviala.
Se lle gusta a navegación por lapelas coma a de Firefox, gustaralle o correo con lapelas. O correo con lapelas permítelle cargar distintos correo en lapelas separadas de modo que poida saltar rapidamente entre elas. Quizais está respondendo a un correo e necesita facer alusión a un correo anterior. O correo con lapelas permítelle manter varios correos abertos para que lle sexa doado referencialos.
Cando saia de Thunderbird, as lapelas en visualización gardaranse, e restauraranse a vez seguinte en que volva abrir o Thunderbird. Tamén hai un Menú de lapela na Barra de de lapelas para axudarlle a alternar entre elas.
A Barra de de filtro rápido permítelle filtrar o seu correo máis rápido. Comece escribindo con palabras na caixa de busca de Filtro rápido e os resultados amósanse instantaneamente. Ou ben pode filtrar o seu correo por novas mensaxes, etiquetas e persoas na súa Axenda de enderezos. Tamén pode "Pinchar" ou gardar un filtro e usalo en múltiples cartafoles.
A interface de busca do Thunderbird contén ferramentas de filtrado e liña temporal para atopar o correo exacto que está a buscar. O Thunderbird tamén indexa todos os seus correos e conversas para axudarlle a buscar aínda máis rapido. Os resultados das buscas amósanse nunha lapela de modo que poida alternar doadamente entre os resultados e outros correos.
Se pensa que vai necesitar unha mensaxe máis adiante pero o quere fora da súa caixa de entrada sen eliminalo, ¡arquíveo! O arquivado axúdao a manexar a súa caixa de entrada e coloca a súa mensaxe no sistema de cartafoles de arquivado.
Agora pode acelerar a transferencia de documentos grandes cargándoos nun fornecedor de almacenamento en liña e compartindo a ligazón en lugar de enviar o ficheiro directamente como ficheiro anexo de mensaxes. Mellore a velocidade de envío do correo electrónico e evite o rexeitamento da mensaxe se o servidor do destinatario non permite ficheiros grandes. Como bonificación engadida, tamén aforrará espazo no seu cartafol enviado e na caixa de entrada do destinatario.
Os temas permiten cambiar o aspecto do Thunderbird nun intre. Traballe para deixar a cero á caixa de entrada até a noite? Active o tema escuro para facilitar a xestión do correo electrónico de xeito máis confortábel nos ollos. O Thunderbird é fornecido con temas claros e escuros e hai moitos máis dispoñíbeis como complementos.
Os cartafoles intelixentes axúdano a xestionar múltiplas contas de correo combinando cartafoles especiais como a Caixa de entrada, Enviados ou Cartafol de arquivo. En lugar de ir á Caixa de entrada de cada conta de correo, pode ver todas as súas mensaxes entrantes nun único cartafol de entrada
Atopar e instalar complementos directamente no Thunderbird. Xa non necesitará visitar o sitio de complementos - no seu lugar simplemente abra o Xestor de complementos. Non está seguro de cales complementos lle conveñen? Puntuación, recomendacións, descricións e imaxes dos complementos en acción axudarano a facer a súa elección.
Thunderbird asegúralle a súa privacidade e fornece protección contra imaxes remotas. Para asegurar a privacidade dos usuarios, Thunderbird bloquea automaticamente as imaxes remotas nos envíos de correo.
Thunderbird protéxeo contra correos fraudulentos que tentan enganar aos usuarios para que entreguen información persoal e confidencial indicándolle cando unha mensaxe é un potencial intento de suplantación. Como unha segunda liña de defensa, Thunderbird avísalle cando preme nunha ligazón que parece estar levando a un sitio diferente do que indica o URL na mensaxe.
O sistema de actualización do Thunderbird verifica se está a executar a última versión e avisa cando está dispoñíbel unha actualización de seguranza. Estas actualizacións de seguranza son pequenas (normalmente 200KB - 700KB), dándolle só o que precise e facendo que a actualización de seguranza sexa rápida para descargar e instalar. O sistema de actualización automatizada fornece actualizacións do Thunderbird en Windows, macOS e Linux en máis de 40 idiomas diferentes.
As famosas ferramentas contra o lixo que ten Thunderbird actualizáronse para manterse na vangarda contra o correo lixo. Cada correo que recibe pasa a través dos máis modernos filtros de lixo. Cada vez que marque un correo como lixo, Thunderbird «aprende» e mellora o seu filtrado de modo que teña máis tempo para ler o seu correo que para estes asuntos. Thunderbird tamén pode usar os filtros de correo do seu fornecedor para deixar fóra da súa caixa de entrada o lixo.
No corazón do Thunderbird hai un proceso de desenvolvemento de código aberto conducido por milleiros de apaixonados e experimentados programadores e expertos en seguranza espallados por todo o mundo. A nosa comunidade aberta e activa de expertos axuda a garantir que os nosos produtos son máis seguros e máis rapidamente actualizados, mentres que á vez, nos permite aproveitar ferramentas de terceiros para escaneo e de avaliación que reforzan aínda máis a seguranza global.